lunes, 7 de octubre de 2019

Mulleres e astronomía

No ano 2009, con motivo do Ano Internacional da Astronomía o grupo de traballo "Ella es una Astrónoma" apoiado pola Unión Astronómica Internacional e a UNESCO, quixeron poñer en valor o extraordinario papel de moitas mulleres na astronomía e así contribuir á igualdade entre homes e mulleres (o terceiro dos 8 Objectivos do Desenvolvemento do Milenio para 2015, que se corresponde co quinto dos novos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible para 2030).

A superficie da Lúa é un rexistro da formación desta zona do sisterma solar, e os numerosos cráteres e outros accidentes xeográficos mapeados telen nomes propios. Sabías cal e é o criterio? Aquí tes a resposta 

Pero das 1586 personas honradas cun nome de cráter, únicamente 28 son mulleres e na súa maioría pertencen a Europa e EE. UU.
Os astrónomos e divulgadores científicos Daniel Roberto Altschuler e Fernando J. Ballesteros no libro As mulleres da Lúa nos permiten coñecer a vida destas 28 mulleres (fonte).

A través da lectura deste libro podemos ver un certo paralelismo entre Marie Curie e Lise Meitner....; ainda que a historia e  os seus compañeiros masculinos as trataron de distinta maneira como se pode ler no capítulo adicado a Lise Meitner no libro Las mujeres de la Luna 

No blog Ciencia, Cine y Música hai 2 entradas adicadas a Hipatía de Alejandría e Marie Curie.

No hay comentarios:

Publicar un comentario