lunes, 28 de octubre de 2019

Estrutura do Sol

O sol presenta as seguintes capas:
1.-Núcleo: Está en estado de plasma. É a parte que presenta maior Tª (15-20* millóns de ºC). Ten un diámetro de 450.000km.  Aquí prodúcense as reaccións termonucleares, ocorre a fusión de hidróxeno para dar átomos de helio e libérase moita enerxía.
2.-Zona radioactiva: Ubicada arredor do núcleo, ten un espesor de 380 000 km. A enerxía liberada no núcleo é transportada  por gránulos que a absorben e a expulsan, chegando á zona convectiva. 
3.-Zona convectiva: Localízase por riba da radioactiva, ten un espesor de 140.000 km. En ela prodúcese o movemento das partículas das capas interiores de maior temperatura cara as mais frías por movementos de convección.
4.-Fotosfera: Significa «esfera de luz», é unha rexión turbulenta cun espesor de 400 km de espesor. Aquí fórmase a radiación visible, emitindo a enerxía e luz que chega á Terra. Localízase sobre a a capa convectiva. Presenta una estrutura granular e prodúcense correntes de enerxía ascendente.
Nesta pódense observar manchas escuras que teñen unha temparatura entre 1500-2000ºC menos que as zonas circundantes.
Desta capa parten as fulguracións solares, son erupcións, descargas explosivas de enerxía que se producen nesta capa cando oSol está nun período de intensa actividade.
5.-Cromosfera: Significa «esfera de cor». Atópase rodeando á fotosfera y es hasta aquí que se observan las protuberancias. Presenta en forma de agullas forma espicular e unha Tª entre 4000 e 8000 K. 
6.-Coroa ou aureola: É a atmosfera externa que só é visible durante eclipses totais de Sol. A zona fronteiriza entre a cromosfera e a coroa é unha zoa de transición na que a temperatura sube considerablemente.
A corona está composta por 3capas:
*capa E (formada por átomos de ferrro ionizado)
*capa K (constitúe a área de espectro continuo)
*capa F (conformada por partículas de pó),
ten unha extensión de máis dun millón de kilómetros e remata convertíndose en vento solar polo que é a capa máis extensa.
Vento solar: é a corrente de partículas, sobre todo protóns e electróns, que proceden do Sol e percorren o espazo interplanetario.



No hay comentarios:

Publicar un comentario