jueves, 10 de octubre de 2019

O universo e a música


Unha das últimas cancións relacionada co Universo é a versión que o astronauta Chris Hadfield interpretou  na Estación Espacial Internacional (ISS). 
O título da canción é Space Odity de David Bowie (lanzada no 1969, no mesmo mes que o home alunizaba por primeira vez).
Esta versión colgada en youtube con millóns de visitas tivo problemas cos dereitos da mesma pero agora volve a estar dispoñible para todos co beneplácito do cantante.








Outros exemplos de música relacionada co espacio pódense ver no seguinte blog e aquí abaixo:
*Across de Universe (Beatles): Enviada ao espazo no 50 aniversario da NASA
*Sunrise Number 1 (Stormy Mondays): canción deste grupo español gañadora dun concurso internacional e que utilizaron para espertar aos tripulantes do Endeavour na súa última misión espacial en maio de 2011.
Esta canción está baseada noutra que fixeron titulada Weatherman
*Laika (Mecano): canción adicada á primeira cadela que orbitou no espazo
*La edad del cielo (Jorge Drexler)
  

No hay comentarios:

Publicar un comentario