martes, 29 de septiembre de 2015

Vacinar ou non vacinar?

En xuño deste año 2015 saltou a noticia aos medios de comunicación de que a un rapaz de seis anos vecino de Olot (Girona) se lle diagnosticou difteria. Era o primeiro caso desta enfermidade infecciosa e grave que se detecta en España desde 1987. O neno ao final morreu. No fóra vacinado. O menor fóra ingresado e tratado cun soro cunha antitoxina que España buscou por medio mundo e atopouno en Rusia, a pesar de isto non foi quen de superar a enfermidade. Os pais non quixeron vacinolo ao ser convencidos polos colectivos antivacinas.

Tamén deixo un vídeo moi ilustrativo sobre a importancia e o poder curativo das vacinas.

domingo, 27 de septiembre de 2015

O home si foi a Lúa

Sempre me gusta poñer aos meus alumnos o programa de Escépticos onde se desmontan as teorías que propoñen os que defenden que o home non pisou a Lúa.
 

Boa ciencia ou mala Ciencia

A Ciencia sempre é algo bó, o que é malo é o mal uso que se faga dela, un dos exemplos máis claros é a bomba atómica.
Le este artigo sobre onde se relacionan 2 cousas tan dispares como a II Guerra Mundial e o cancro de tiroides: http://scientiablog.com/2015/05/08/la-ii-guerra-mundial-y-el-cancer-de-tiroides/

martes, 22 de septiembre de 2015

Publicidade e Ciencia (II): agora lle toca ao Danacol...

No anterior post sobre publicidade e ciencia indicábanse 3 artigos sobre as mentiras na publicidade do actimel. A mesma web de Stientia ten outro artículo onde fala sobre o Danacol e outros produtos semellantes con esteris vexetais:

jueves, 17 de septiembre de 2015

Órbita Laika: Un late night de humor e ciencia

Entre diciembro de 2014 e marzo de 2015 La 2 de TVE emitiu un interesantísimo programa sobre divulgación científica titulado "Órbita Laika" conducido polo presentador e humorista Ángel Martín que na presentación do mesmo advertiu que "todo o que sei de ciencia é o que vin nas películas".
Este show prodúcese coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT).
Aquí vos deixo un enlace a todos os programas: http://www.rtve.es/alacarta/videos/orbita-laika/

miércoles, 16 de septiembre de 2015

Qué é un doodle?

Algúns días, cando abrimos a páxina de Google para buscar información, as letras do buscador aparecen decoradas (e ás veces animadas) con debuxos que fan referencia a un evento relevante, unha personaxe,..., iso é un doodle.
Doodle é unha palabra inglesa, que traducida ao español significaría "Garabato". Esta palabra foi utilizada por Google para definir o elemento máis popular da páxina do famoso buscador.
Desde o 30 de Agosto de 1998, Google cambia o seu logo na súa web de forma periódica para conmemorar algún acontecimento ou suxerir ao usuario algunha búsqueda especial, a este gráfico baesado no logo de Google chámaselle Doodle.

Algunhas das temáticas están relacionadas coas ciencias (bioloxía, geoloxía, astronomía, física, química, tecnoloxía, matemáticas...)
Un dos máis recientes puidose ver o 14 de Xullo, creouno Kevin Laughlin para celebrar un fito histórico no estudo do espazo, a viaxe intrépida, a chegada e o paseo da sonda New Horizons arredor de Plutón (o planeta máis afastado do noso sistema solar). O paseo interestelar da sonda só durou algo máis de nueve anos. Grazas ás imaxes enviadas poderemos ter unha imaxe máis nítida deste planeta anano.

Aquí deixo a galería de doodles: http://www.google.com/logos/
Artigo sobre doodles no xornal www.ideal.es, cun vídeo onde se recompilan os mellores nun vídeo (ver).

Doodles científicos:
http://la-ciencibilidad.blogs.quo.es/2013/10/03/doodles-de-cientificos/

Oín que...

Con estes artigos tentaremos rebatir algúns dos bulos que se están extendendo en relación coa ciencia, aalimentación...
* Dun tempo a esta parte o leite estase a converter nun alimento denostado na nosa sociedade no mundo desenvolvido...

martes, 15 de septiembre de 2015

Publicidade e ciencia (I): Para comezar con forza, un actimel

Seguro que temos escoitado na TV nos anuncios dos "actimel" que "axuda ás defensas do organismo". Este produto é un dos moitos exemplos onde a publicidade baséase en argumentos científicos para vender máis.
Pero hai que ter en conta que moita desa publicidade é engañosa. Nos siguintes 3 artigos que añguén titulou "la saga del actimel" poderemos coñecer que é certo e que non é certo.
* La verdadera historia del Actimel (II): ¿Me siento engañado por Danone?
* Carta abierta al nuevo Actimel Pro-Vital
Estes 3 artigos pódelos atopar xunto con outros moitos no blog  http://scientiablog.com/, ao longo da materia comentaremos moitos máis dos artigos que nos acercan á ciencia un poco máis.

Por que é necesaria esta nova materia?


Coa LOMCE deixou de existir as Ciencias para o Mundo Contemporáneo materia obrigatoria para todo o alumnado de 1º de Bacharelato, algo na miña opinión necesario para que a cidadanía teña adquira unha boa cultura e coñecemento de toda a Ciencia que nos rodea.
En compensación creouse unha materia chamada Cultura Científica (co mesmo espíritu que a anterior pero ofertada como optativa en 4º de ESO e 1º de Bacharelato).